Curso de Atención sociosanitaria a persoas dependentes
REQUISITOS DE ACCESO:Persoas desempregadas con demanda de emprego en vigor e con estudos mínimos da ESO, ou ben COMPETENCIAS CLAVE NIVEL 2, ou 2º de BUP do plan antigo.
Certificado de profesionalidade necesario para traballar en centros de maiores ou persoas discapacitadas en toda España
AS PERSOAS INTERESADAS DEBEN PASAR POLA OFICINA DE EMPREGO DA ESTRADA E INSCRIBIRSE NESTE CURSO ANTES DO 20 DE XUÑO (dirixirse a Rosa)
DATAS CELEBRACIÓN:DO 14/07/16 Ó 11/11/16 HORARIO:de luns a venres de 8:30 a 14:00 LUGAR:Centro Social De Forcarei
Selección da CUP Dani Rivas
Os campións do mundo de motociclismo Julián Simón e Pol Espargaró e o piloto de MotoGP Aleix Espargaró estarán en Forcarei o domingo 29 de maio.
Esta competición servirá para escoller e becar ós novos talentos, de entre 6 e 11 anos de idade.
O Circuíto da Madalena, capital do motor!
ÚLTIMA HORA!!!
Os medios de comunicación xa informan do aprazamento da Dani Rivas Cup pola adversa previsión meteorolóxica para o domingo.
Anotade o 10 de xullo nas vosas axendas! Os irmáns Espargaró e Julián Simón estarán nesa data en Forcarei!
Comunicado da organización do evento
Despois de moitas valoracións, e debido ó temporal de chuvia e vento previsto para este fin de semana , vémonos obrigados por a seguridade dos nenos, anular a selección da Cup Dani Rivas do domingo 29 de maio.
Estamos moi afectados animicamente , xa que tiñamos depositados todo o noso traballo e paixón neste día tan emotivo par nós, pero o tempo xogounos unha mala pasada.
A data definitiva será o fin de semana do 10 de Xullo.
Perdón a todos por as molestias ocasionadas .
4 e 5 de xuño. Gran Premio de Motociclismo de Forcarei 2016
Os vindeiros 4 e 5 de xuño o Circuíto de A Madalena acollerá o Gran
Premio de Motociclismo de Forcarei, unha iniciativa en colaboración con
VF Timing que servirá de homenaxe a todos os moteiros galegos.
Proceso Participativo Para A Elaboración Dunha Estratexia De Desenvolvemento Rural Participativo
OBRADOIRO 5
REUNIÓN
INTERSECTORIAL CONCELLO DE
FORCAREI
- Data: Xoves día 26 de maio de 2016
- Lugar: Salón de plenos do Concello de Forcarei
- Praza da Igrexa 1, 36550 Forcarei
- Organiza: CONCELLO
DE FORCAREI
ADR TERRAS DE PONTEVEDRA NORTE - Horario: 19:50 h a 21:30 h
- Dirixido: Axentes do medio rural (sector agrario, industria agroalimentaria, empresa, comercio e turismo, mulleres e mozos, veciños, etc) e público en xeral.
- Obxectivos: Definición de liñas estratéxicas e obxectivos a acadar no territorio.
Definición de proxectos concretos.
PROGRAMA
19:50 – 20:00 h - Presentación
do obradoiro e dos participantes.
20:00 – 20:20 h - Introdución.
O Desenvolvemento Rural Participativo Leader de Galicia 2014-2020.
Paula
Suanzes Hernández. ADR Terras de Pontevedra Norte.
20:20 – 21:15 h Análise
do territorio. Obxectivos sectoriais. Aportacións dos participantes. Debate
21:15 – 21:30 h Conclusións
e peche
¡Os Rockenstein, teatro para toda a familia!
Curso Aplicador Fitosanitarios
Para grupos de 30 persoas, de NIVEL BÁSICO.
Dirixido a todas aquelas persoas que leven a cabo tratamentos nos que se utilicen fitosanitarios, sulfatos...etc.
Prezo: 70€.
No Centro Social de Forcarei.
CON EXPEDICIÓN DE CARTNET APLICADOR FITOSANITARIOS (CURSO OFICIAL)
Campamentos de Verán 2016. A LANZADA
DEPO-AVENTURA 2016.
Dirixido a rapazas e rapaces empadroados no Concello de Forcarei, nacidos entre os anos 2003 e 2008 (ambos incluídos).
Prazas limitadas. Prezo 83,60€.
Fin de prazo o Xoves 7 de Abril.
Solicitudes e Información no departamento de Servizos Sociais do Concello.
Cartel
PAGAMENTO ÚNICO POR FILLAS E FILLOS MENORES DE TRES ANOS 2016
PRESTACIÓN ECONÓMICA DE PAGAMENTO ÚNICO POR FILLAS E FILLOS MENORES DE TRES ANOS (Orde do 31 de decembro de 2015. DOG núm. 17, do 27 de xaneiro de 2016)
PRAZO
Do día 28 DE XANEIRO ao 7 DE MARZO de 2016 (ambos os dous incluídos).
CONTÍA
NÚMERO DE ORDE que ocupa o fillo ou filla NA UNIDADE FAMILIAR DA PERSOA SOLICITANTE
1º -------------------> 360€
2º ------------------->1.200€
3º e sucesivos -->2.400€
PERSOAS BENEFICIARIAS
- As persoas con fillos ou fillas menores de tres anos o 1 de xaneiro de 2016 (nacidos ou nacidas entre 02/01/2013 e o 01/01/2016, inclusive).
- Fillos ou fillas adoptadas ou acollidas entre o 31/12/2014 e 31/12/2015
Para maior información poden poñerse en contacto co Departamento de
Servizos Sociais do Concello.
Documentación necesaria
Orde do DOG DOG Núm. 17 Mércores, 27 de xaneiro de 2016
Entroido 2016
Sábado 6 de Febreiro
FESTA INFANTIL DE ENTROIDO NO CENTRO SOCIAL AS 17:30h.
Xogos, talleres, bailes e concurso de disfraces.
Contaremos con: Mickey, Buzz Lightyear e Bob Esponxa. Ademais de unha Festa temática cos superheroes máis actuais.
"globoflexia e maquillaxe"
Luns 8 de Febreiro
FESTA-CONCURSO DE ENTROIDO PARA ADULTOS NO CENTRO SOCIAL, AS 18:00h.
Concurso con premios.
Degustación de doces típicos do entroido
CartelBases do Concuros de Disfraces
Estreamos Nova Páxina Web!!
Co novo ano, estreamos tamén nova páxina Web!!, con un completo redeseño máis atractivo, accesible e intuitivo, con contidos novos e ampliados adaptados tamén a dispositivos móbiles.
Un deseño máis visual con unha navegación máis sinxela e lóxica, co obxectivo de presentar a información de unha maneira máis organizada, máis doada de actualizar e adaptada a nova lei de transparencia das administracións públicas.
Esperamos que vos guste.
Termalismo Social 2015-2016 (Balnearios Termais)
IMSERSO
Solicitudes no departamento de Servizos Sociais do Concello
Prazos de Solicitude
~ Do 18 de DECEMBRO ata o 11 DE XANEIRO de 2015 para os meses de FEBREIRO ata AGOSTO.
Entre o 11 de xaneiro e 11 de maio poderanse facer solicitudes para este periodo, que pasarán a unha lista de espera.
~ Do 11 de XANEIRO ata o 11 de MAlO DE 2016 para os meses de SETEMBRO a DECEMBRO.
Entre o 11 de maio e o 31 de outubro poderanse facer solicitudes para este periodo, que pasarán a unha lista de espera.
Nadal 2015-16. Programación
Día 26 de Decembro xornada de xogos para nenos con hinchables no polideportivo de Forcarei
De 17:00h a 20:00h
Día 29 de Decembro- unha produccíon cómica "isistorias de nadal", unha serie de monólogos cómicos para público tanto infantil como adulto, que poñerá en escena o coñecido e televisivo actor Isi. (campaña de nadal Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia)
Lugar Centro Social de Forcarei as 17:00h
Día 2 de Xaneiro xornada de xogos para nenos con hinchables no Polideportivo de Soutelo de Montes
De 17:00h s 20:00H
Día 5 de Xaneiro Cabalgata de Reis
Saída de Soutelo de Montes 18:30H
Chegada a praza da igrexa de Forcarei as 19:30h
Recepción na Igrexa dos Reis Magos de Oriente
Actuación do Coro Flor do Toxo
Axudas municipais de apoio ó estudio para o curso 2015 2016
Axudas
municipais de apoio ó estudio para o curso 2015/2016 con destino a familias en
situación de dificultade socio-económica
BENEFICIARIOS:
Familias empadroadas e ter residencia efectiva no Concello de Forcarei, que teñan menores ó seu cargo matriculados par o curso 2015/2016 nalgún centro de ensino público de Forcarei, en Educación Infantil, Primaria e Secundaria para axudas de material escolar.
CONTÍA MÁXIMA 100€/MENOR
Financiamento de: MATERIAL ESCOLAR, LIBROS E VESTIARIO DEPORTIVO.
O prazo remata o 3 de novembro
Bases publicadas no BOP
III Carreira Popular Da Richada Concello De Forcarei
Aberta a inscripción a través da web de emesports hasta o día 3 ás 23:59 horas.
E os máis pequenos poden inscribirse a través da mesma web, no Concello de Forcarei ou enviando unha mensaxe o noso facebook indicando:
- Nome - Apelidos - Data de nacemento - Poboación - Mail e Teléfono
Espazos Sonoros 2015
Domingo 11 de Outubro.Espazos Sonoros 2015
Como cada ano, Espazos Sonoros 2015, percorre os lugares máis destacados do patrimonio cultural de Galicia. Como non podía ser de outra maneira, este ano recae en Forcarei, organizando para o vindeiro Domingo 11 de Outubro unha ruta guiada pola senda das neveiras ás 15:00h, e posteriormente, as 19:00h, Santa María de Acibeiro será a sede do concerto do Herbens Consort, cun repertorio arredor de Haendel.
140